Calidade

BLAMUCA conta con certificacións de calidade para traballar nos mercados internacionais máis esixentes.

Actualmente dispoñemos da Certificación ISO:9001 (Certificado Número 8000649) xunto coa Certificación Global G.A.P. (EUREPGAP), que se aplica tanto aos procesos de Xestión como aos de Produción, para garantir plena seguridade alimentaria.

O equipo humano, altamente comprometido coa Calidade, aplica os criterios e procedementos estabelecidos na nosa política nas seguintes áreas:

Xestión  Cultivo  Recollida  Clasificación  Envasado

Periodicamente realízanselles a todos os nosos envasados probas multirresiduos nos laboratorios das nosas instalacións, garantindo así a calidade necesaria para manter a pureza das nosas froitas e hortalizas.

mellora continua é un dos nosos principais obxectivos, cubrindo tanto os aspectos internos (prevención, mellores prácticas, equipamento, etc.) como aqueles puntos que nos permiten alcanzar a satisfacción dos nosos clientes.